Blogia
PROXECTO GAMELA

1ª XORNADA DA FAMILIA DO PROXECTO GAMELA

1ª XORNADA DA FAMILIA DO PROXECTO GAMELA

Hoxe sábado 1 de decembro celebrouse no incomparable marco do Castelo do Sobroso a 1ª Xornada da Familia, coa asistencia dun grupo moi importante en número de pais, nais e profesionais.

Hai que destacar a grande participación dos asistentes, sobre todo nos dous obradoiros simultáneos que se organizaron e pronto publicaremos no Blog as conclusións da xornada.

Hai algo que quedou moi claro: a necesidade de levar adiante iniciativas como o Proxecto Gamela (Escola de Familia de Ponteareas) que tentan unir esforzos de todos/as aqueles/as que estamos implicados na educación: familia-mestres/as-traballadores/as sociais- educadores/as familiares-escolas infantís ... 

Tamén é importante destacar a resposta cada vez maior en cantidade en canto a asistencia ás actividades que se levan organizado.

1 comentario

Andrés -

O éxito da Xornada supera o previsto. Pero aínda queda moito por navegar e moitos mares que surcar.