Blogia
PROXECTO GAMELA

NOVAS

1ª XORNADA DA FAMILIA DO PROXECTO GAMELA

1ª XORNADA DA FAMILIA DO PROXECTO GAMELA

Hoxe sábado 1 de decembro celebrouse no incomparable marco do Castelo do Sobroso a 1ª Xornada da Familia, coa asistencia dun grupo moi importante en número de pais, nais e profesionais.

Hai que destacar a grande participación dos asistentes, sobre todo nos dous obradoiros simultáneos que se organizaron e pronto publicaremos no Blog as conclusións da xornada.

Hai algo que quedou moi claro: a necesidade de levar adiante iniciativas como o Proxecto Gamela (Escola de Familia de Ponteareas) que tentan unir esforzos de todos/as aqueles/as que estamos implicados na educación: familia-mestres/as-traballadores/as sociais- educadores/as familiares-escolas infantís ... 

Tamén é importante destacar a resposta cada vez maior en cantidade en canto a asistencia ás actividades que se levan organizado.

ALGUNHAS REFLEXIÓNS

ALGUNHAS REFLEXIÓNS  

Educar aos fillos e fillas hoxe esixe "querer" e "saber" facelo.

Xuntos podemos aprender.

Novos tempos. Nova travesía

Novas formas de convivencia

Novos puntos de encontro

Unicamente se pode educar se se quere e se se sabe como facelo.

¿E ti, queres aprender máis?

O Proxecto Gamela (Escola de Familia de Ponteareas) trata de facer encontros e debater sobre as formas de aprender a educar.

¿De que queredes que falemos?

  • Tertulias                   
  • Foros
  • Coloquios                 
  • Enquisas
  • Debates                   
  • Conversas
  • Consultas
  • Obradoiros