Blogia
PROXECTO GAMELA

COMECEMOS A NAVEGAR

COMECEMOS A NAVEGAR Antes de desconectarme quisera chorar, e choro. E o fago de felicidade e satisfacción pensando no equipo que formamos e na marabilla que se montou esta mañá. Tamén as miñas bágoas misturanse co amor á miña nai e a miña familia, e co cansanzo mental que me asolaga agora mesmo.Choro por haberte coñecido, Mª José, e por saber con certeza que a túa capacidade de loita, de sacrificio e a forza mental que transmites desborda e abruma ao meu raciocinio, contaxiándome á mesma a seguridade da que ti me tés falado algunha vez. E moitas destas lágrimas, ledas tamén, coma un río de euforia, rematan en ti Regino; ou en Carlitos, meu gran amigo e confidente; ou en vós, na “nosa parella de “niñas”, verdadeiro baluarte da problemática social de Ponteareas. Mesmo teño unha gran confianza no “interino”, no que está de paso, na gran capacidade que tamén atesoras, Andrés. Unha “laranxa” moi doce que imos esprimir antes da fin deste curso.E ti Nava, “política de rúa” (permíteme) sempre co corazón por diante, coa fé e coa esperanza de mudar as cousas, de mellorar cada segundo, de confiar na xente anónima, e de facerte querer con esa naturalidade que é don que Deus che deu. Como non vou emocionarme?  Neste intre, somos os reis e as raíñas, imos ser quen de cambiar o mundo, de darlle a volta. E choro, como non, polo que se nos ven enriba. Agora temos que coller con forza e enerxía ese timón, que é tan pesado que a gamela está xa no mar para que a súa capacidade para flotar axude a engranalo na súa posición, izar a “latina” e tensar a escota ata convertila en puro ferro. E navegar e traballar. E arrastrar a miles de naves detrás, surcando mares, descansando ao abrigo do temporal, e seguir a singladura, con equilibrio. Navegar na procura da felicidade.

1 comentario

Anónimo -

Noraboa polo voso traballo. AVANTE TODA GAMELEIROS!!