Blogia

PROXECTO GAMELA

CONCLUSIÓNS DAFO DE PAIS E PROFESIONAIS DA EDUCACIÓN.

CONCLUSIÓNS DAFO DE PAIS E PROFESIONAIS DA EDUCACIÓN.

OBRADOIROS PAIS E PROFESIONAIS.CONCLUSIÓNS DAFOPROFESIONAIS: 

 A MINIMIZAR 
INTERNASDEBILIDADES:-       Burocracia.-       Falta de valoración do sistema (desprestixio).-       Falta de autoridade.-       Desmotivación dos docentes.-       Outro tipo de profesionais (sociais…).-       Falta de coordinación entre docentes.-       Falta de vocación.-       Falta de información.-       Falta de comunicación.AMENAZAS:-       Descontrol dos contados dos medios de comunicación (televisión, Internet).-       Desvalorización dos equipos educativos.-       Familias desestructuradas (falta de coordinación).-       Contrdicción entre os principios que transmite a Escola e os intereses da sociedade de consumo.-       Coordinación insuficiente entre institucións.-       Fomento de individualismo, competitividade na sociedade e na familia.EXTERNAS
FORTALEZAS-       Punto interese común: o benestar do alumno.-       Posibilidade de traballar multidisciplinariamente.-       Factor humano do profesorado, a súa diversidade.-       Perspectiva global do entorno e de toda a comunidade educativa.-       Capacidade e posibilidade de transformar a realidade.-       Importancia das actividades extraescolares como complemento da educación competencial educación en valores.-       Recursos dos que dispón a propia institución educativa.OPORTUNIDADES-       Policía Local: colaboración en temas de absentismo.-       Servizos sociais: Admóns. Pública en xeral.-       Recursos e medios: novas tecnologías e medios de comunicación.-       Movementos asociativos, deportivos, culturais, veciñais…-       Familia extensa.-       Calquera cidadán como educador.-       Divulgación científica.-       Participación activa da familia.-       Oportunidades.-       Utilización dos recursos económicos, naturais, de xeito racional.
 A MAXIMIZAR 
 
OBRADOIROS PAIS E PROFESIONAIS.CONCLUSIÓNS DAFOPAIS-NAIS: 
 A MINIMIZAR 
INTERNASDEBILIDADES:-       Falta de entendemento na parella.-       Falta de recursos económicos.-       Falta de colaboración por parte da parella. Falta de igualdade.-       Falta de conciliación entre familia e traballo.-       Falta de normas e límites.-       Falta de experiencia e preparación.AMENAZAS:-       Dereitos e deberes.-       Malas compañías-       Pouca calidade no tempo que se pasa cos fillos.-       Falta de información para ser pais.-       Estrés xeral (da sociedade).-       Exceso de traballo.-       Falta de traballo (desemprego).-       Consumismo.-       Acoso.-       Exceso de información nos nenos.-       Drogas.-       Falta de sensibilidade e apoio social.-       lFalta de responsabilidade.-       Límites permisivos.EXTERNAS
FORTALEZAS-       Coñecemento da familia.-       Cariño.-       Compartir actividades cos fillos.-       Familia extensa.-       Ser consecuentes e coherentes na relación cos fillos (p. ex. castigos).-       Coordinación e unión familiar.-       Diálogo efectivo.-       A familia como refuxio.-       Saber as debilidades dos fillos.OPORTUNIDADES-       Familia extensa.-       Educadores extraescolares.-       Actos culturais.-       Compartir vivencias.-       Aproveitamento das institucións.-       Subvencións.-       Acceso a medios de comunicación e novas tecnologías.-       Obradoiros deste tipo.
 A MAXIMIZAR 

1ª XORNADA DA FAMILIA DO PROXECTO GAMELA

1ª XORNADA DA FAMILIA DO PROXECTO GAMELA

Hoxe sábado 1 de decembro celebrouse no incomparable marco do Castelo do Sobroso a 1ª Xornada da Familia, coa asistencia dun grupo moi importante en número de pais, nais e profesionais.

Hai que destacar a grande participación dos asistentes, sobre todo nos dous obradoiros simultáneos que se organizaron e pronto publicaremos no Blog as conclusións da xornada.

Hai algo que quedou moi claro: a necesidade de levar adiante iniciativas como o Proxecto Gamela (Escola de Familia de Ponteareas) que tentan unir esforzos de todos/as aqueles/as que estamos implicados na educación: familia-mestres/as-traballadores/as sociais- educadores/as familiares-escolas infantís ... 

Tamén é importante destacar a resposta cada vez maior en cantidade en canto a asistencia ás actividades que se levan organizado.

COMECEMOS A NAVEGAR

COMECEMOS A NAVEGAR

Antes de desconectarme quisera chorar, e choro. E o fago de felicidade e satisfacción pensando no equipo que formamos e na marabilla que se montou esta mañá. Tamén as miñas bágoas misturanse co amor á miña nai e a miña familia, e co cansanzo mental que me asolaga agora mesmo.Choro por haberte coñecido, Mª José, e por saber con certeza que a túa capacidade de loita, de sacrificio e a forza mental que transmites desborda e abruma ao meu raciocinio, contaxiándome á mesma a seguridade da que ti me tés falado algunha vez. E moitas destas lágrimas, ledas tamén, coma un río de euforia, rematan en ti Regino; ou en Carlitos, meu gran amigo e confidente; ou en vós, na “nosa parella de “niñas”, verdadeiro baluarte da problemática social de Ponteareas. Mesmo teño unha gran confianza no “interino”, no que está de paso, na gran capacidade que tamén atesoras, Andrés. Unha “laranxa” moi doce que imos esprimir antes da fin deste curso.E ti Nava, “política de rúa” (permíteme) sempre co corazón por diante, coa fé e coa esperanza de mudar as cousas, de mellorar cada segundo, de confiar na xente anónima, e de facerte querer con esa naturalidade que é don que Deus che deu. Como non vou emocionarme?  Neste intre, somos os reis e as raíñas, imos ser quen de cambiar o mundo, de darlle a volta. E choro, como non, polo que se nos ven enriba. Agora temos que coller con forza e enerxía ese timón, que é tan pesado que a gamela está xa no mar para que a súa capacidade para flotar axude a engranalo na súa posición, izar a “latina” e tensar a escota ata convertila en puro ferro. E navegar e traballar. E arrastrar a miles de naves detrás, surcando mares, descansando ao abrigo do temporal, e seguir a singladura, con equilibrio. Navegar na procura da felicidade.

ALGUNHAS REFLEXIÓNS

ALGUNHAS REFLEXIÓNS

 

Educar aos fillos e fillas hoxe esixe "querer" e "saber" facelo.

Xuntos podemos aprender.

Novos tempos. Nova travesía

Novas formas de convivencia

Novos puntos de encontro

Unicamente se pode educar se se quere e se se sabe como facelo.

¿E ti, queres aprender máis?

O Proxecto Gamela (Escola de Familia de Ponteareas) trata de facer encontros e debater sobre as formas de aprender a educar.

¿De que queredes que falemos?

  • Tertulias                   
  • Foros
  • Coloquios                 
  • Enquisas
  • Debates                   
  • Conversas
  • Consultas
  • Obradoiros

RUMBO E EQUILIBRIO

RUMBO E EQUILIBRIO

Qué grande é o mar! Que fermoso surcar sobre as ondas, mantendo un rumbo prefixado, coa sensación de ir pola corda floxa, co equilibrio en precario... Pero non, o barco, a gamela, continúa avante, tripulada por eses dous expertos mariñeiros (tres serían moitos, catro xa multitude) que aprenderon da tradición o xeito de navegar e pescar, de chegar co singular barco aos recunchos máis difíciles, e de sacar o froito que alí se agocha, o froito desexado, a mellor das pescas posibles... e a máis difícil á mesma.

Pero aínda sendo grande o espacio vital sempre se tropeza, sempre hai aventureiros inexpertos, ou envexosos, con outros obxectivos individualistas, co simple desexo de desfacer nun intre o que outros tardan anos en crear. Non hai problema. O mesmo barco, a alma dese barco está moi poriba, e saberá, no momento da abordaxe, virar e continuar co rumbo axeitado.

Noraboa a tod@s por ese proxecto. E oxalá ese froito sexa o desexado.